Concentración da CIG en demanda de solucións para as auxiliares das minas

25

[Diario de Ferrol] Uns sesenta delegados da CIG concentráronse onte fronte á Delegación do Goberno na Coruña, para reivindicar solucións para os traballadores das auxiliares que traballaban nas recén pechadas minas de Cerceda e As Pontes.


No caso da central de Endesa, a central nacionalista reclama que se revise o proceso de entrada na compañía principal porque entende que hai máis operarios, por riba dos oitenta seleccionados, que cumpren os criterios para ter esta vía de acceso á prexubilación. Os delegados entregaron as súas reivindicacións por escrito.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios