‘FOLIADA’ NO LAR

50

Hoxe venres, día 29 a partir das 22:30 horas, temos “Foliada” no LAR. Contaremos coa actuación de Encuarentena.
banner_foliada.jpg


Dentro do ciclo de actuacións musicais que se levan desenvolvendo o derradeiro venres de cada mes no local do LAR, informamos que para o vindeiro día 29 de febreiro un novo grupo das Pontes presentarase na FOLIADA que o Grupo de Gaiteiros Ponteses organiza.
Este grupo de rock con nome ENCUARENTENA, ven a darlle un novo xiro ó que foi ata o mes de xaneiro a este tipo de encontros nos que a música tradicional foi a protagonista. A actuación será a partir das 22.30 h da noite.
A organización destas FOLIADAS desexa e amosa que calquera estilo musical pode estar presente nestes encontros, no que o principal é poder realizar un encontro social mediante a música en directo.
Foliada_Febreiro-08.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios