O As Pontes afronta un choque complicado no campo do Bergantiños

66

[Diario de Ferrol] O CD As Pontes viaxa a Carballo para verse as caras co Bergantiños. O partido xógase ás cinco da tarde. O equipo vermello pasoulle o que ós ponteses cando baixaran de Terceira, partían como favoritos, pero custoulles adaptarse á categoría e agora arrastran aínda ese mal inicio malia ter reaccionado xa.


Agora comparten obxectivo cos de Amil, en arrebatarlle a terceira praza ó Vilalbés, e poder así apurar calquera opción de ascenso. De momento as dúas escadras teñen que estar a expensas do que fagan os chairegos, que non fallan.
Será tamén o rencontro do medio pontés do Bergantiños, Elmer co equipo no que se formou.
Os que non poderán estar neste choque son Alberto, Alonso, Roca, Jorge, Pedro, e Suso, todos lesionados. Tampouco poderá entrar na convocatoria, por sanción, Paz, aínda que o adestrador volve a contar con Manel, que xa cumpríu castigo a semana pasada.
Germán Amil confía en acadar un resultado positivo nun campo complicado, xa que os seus xogadores deberán adaptarse ao terreo de xogo de herba artificial. Cabe destacar que no último encontro disputado polo Bergantiños diante dos seus siareiros perdeu ante o Boiro, mentras que a semana pasada arrancou un empate no desplazamento ao campo do Laracha.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios