O As Pontes comeza as dez últimas xornadas enfrentándose ó Boiro

106

Diario de Ferrol. O As Pontes entra nas dez últimas xornadas da liga co obxectivo de chegar á terceira praza da competición, que permite disputar o play-off de ascenso á Terceira. Aínda que o equipo pontés é sabedor da dificultade de coller ó Racing Vilalbés, mantén a confianza de conseguilo. Para eso, un dos compromisos máis difíciles ós que ten que facer fronte é o que xoga esta tarde -17.00 horas, Barraña- contra o Boiro, un conxunto que está a facer unha gran temporada e que marcha xusto por detrás na tabla clasificatoria, con dos puntos menos. De feito, o cadro da zona do Barbanza acumula tres xornadas seguidas sen coñecer a derrota e ten as mesmas aspiracións que o As Pontes, polo que tamén precisa os tres puntos para seguir na loita por finalizar entre as catro primeiras prazas do torneo.


Para esta xornada, o As Pontes volve ter nas ausencias -como durante toda a temporada- un dos seus maiores hándicaps. Así, Alberto, Marco, Suso, Canosa e Alonso non estarán no partido a disposición do técnico, Germán Amil, que terá que facer uso da amplitude da súa plantilla para afrontar ó compromiso.
Por outra parte, o encontro da vindeira xornada, que debía enfrontar ó As Pontes contra o Laracha, quedou adiantado para o xoves día 20 de marzo, a partires das 18.30 horas. Ámbolos dous conxuntos acordaron adiantar a data deste enfrontamento.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios