O As Pontes mídese ó Laracha no Poboado

82

[Diario de Ferrol] O As Pontes recibe esta tarde ó Laracha, nun encontro no que se enfrontan dous equipos que non acabaron de engancharse esta liga ós postos de ascenso que pretendían.


Os visitantes pagaron a falla de adaptación á categoría, logo do descenso do pasado ano, e os locais levan toda a tempada pagando as limitacións que lle supuxeron as contínuas baixas no plantel.
Para esta tarde a situación non varía nada, xa que non só non estarán ó completo, senón que tan só poden xuntar doce xogadores da primeira plantilla. A boa nova é a alternativa para os xuvenís, pois o descanso destes na liga permite a Amil volver contar con eles para o conxunto de preferente.
A semana pasada en Boiro xa tiñeron minutos ata cinco xogadores do equipo da División de Honra, e esta tarde están na convocatoria de novo cinco.
O preparador local puido afrontar así unha situación nova, que foi a de poder contar con efectivos para elixir. E optou por dar a alternativa a xóvenes coma Esmorís, Jorge, Boo, Carballeira e Amado, que é a única novidade con respecto á semana pasada en Boiro.
A convocatoria está limitada por unhas normas que establecen que non poden xogar a un tempo máis de cinco xogadores de esta categoría.
Con xuvenís ou sen eles, os da casa van ter que superar o que está a ser o seu mayor handicap, a falla de efectividade, que lle ten custado xa moitos puntos.
Anque as opcións de acadar a terceira praza son remotas, esta tarde ás catro e media, a victoria é inexcusable para seguir aferrándose a esa posibilidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios