Presentación da Revista de Estudos Históricos Hume

131

Este venres día 28, na biblioteca municipal das Pontes, a asociación de estudos históricos HUME, presenta unha publicación sobre a historia local. A revista recolle algunhas das investigacións levadas a cabo por membros de HUME, así como das catro xornadas de estudos históricos polas que foron pasando diferentes estudosos e investigadores.
A presentación contará coa presenza do profesor Carlos Breixo, asiduo colaborador da asociación, e do presidente da mesma, Xavier Martínez, que falarán ao respecto da publicación e dos seus contidos. O acto comezará ás oito do serán.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios