Os ponteses Rochela e Adrián López, adiante no Fútbol Draft ’08

73

Os futbolistas ponteses Adrián López e David Rochela seguirán adiante no Fútbol Draft ’08, despóis de que antonte pasaran ambolos dous o corte. As votacións reiniciaranse de novo, e o vindeiro 16 de Abril saberemos se quedan dentro dos tres primeiros postos da súa respectiva categoría, o cal lles daría opción a levarse o balón de ouro, prata ou bronce nunha ceremonia que se levará a cabo no Santiago Bernabéu o 1 e o 2 de Xuño.
Pra votar polos ponteses é necesario darse de alta cumprimentando un sinxelo cuestionario: 1º Rexistrarse + 2º Votar por Adrián e Rochela!
Info enviada por Xosé A. Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios