Axenda Cultural As Pontes (4, 5 e 6 de abril)

41

O Venres 4 de abril SAPRISTI TEATRO representará O SON DAS COUSAS, un espectáculo de clown, para público de 3 a 6 anos, escrito por José Campanari, e interpretado polas actrices Nuria Sanz e Patricia Vázquez, esta última coñecida por todos xa que é a tendeira-taberneira de Padre Casares.
O son do vento, o croar das ras, o ladrido dun can, o repenicar dunha gota, o tictac dun reloxo… e outros moitos sons forman parte da linguaxe deste espectáculo.
Sara e Berta, escoitadoras e recolectoras de sons, andan de aquí para alá e xogan con canto son atopan ou recordan. Un xoguete escénico sonoro visual que fai unha viaxe lúdica por situacións cotiás, ao son das cousas.
O sábado 5 de abril, a Rondalla Vila de As Pontes organiza o Festival “Os Nosos Maiores”, na que acompañarán á nosa Rondalla, a Coral Polifónica A Pombiña de Narón. Será na Casa Dopeso ás 19.30 h.
Ata o 18 de abril poderá visitarse na Casa Dopeso, unha exposición de FOTOGRAFÍAS DE NATUREZA, organizada pola Asociación Ecoloxista Niño do Azor.
A carteleira de cine desta fin de semana trae dúa películas:
JUMPER (NRM7) . 90 min.
Venres 4 · 22.30 h
Sábado 5 · 20.00 e 22.30 h.
Domingo 6 · 19.00 h
AS FIERAS F.C. EL ATAQUE DE LAS VAMPIRESAS (TP)
Domingo 6 · 16.30 h

Cultura As Pontes Primavera 2008

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios