Ampla derrota dos ponteses no partido ante o filial vigués

63

[Diario de Ferrol] O Fendetestas caeu amplamente derrotado en Vigo nun partido que dirimía as opcións dos dous conxuntos de quedaren terceiros na liga. Os ponteses xogaron o peor encontro da tempada, sen meterse case nunca nun choque que os locais dominaron en tódalas fases.


O arranque foi demoledor a prol dos olívicos, que se aproveitaron dun apático equipo verde, mantendo o xogo sempre na vintedous destes, o que lles permitíu acadar tres ensaios nun cuarto de hora. Mediado o primeiro tempo empezou a sacudirse a presión o Fendetestas e logrou aproximarse á zona de marca rival, pero nos últimos metros volvían producirse os fallos que mesmo permitiron dúas contras mortais dos vigueses. No segundo período empezou moi forte o cadro de As Pontes, e acadou dous ensaios que os podían volver meter no encontro. Pero aí estiveron acertados os da casa, e souberon buscar a debilidade na liña de atrás dos visitantes, frenando a posible remontada dos ponteses e conseguindo ampliar o marcador ata o 50-12 final.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios