MOBILIZACIÓNS SPDCIF

82

Os homes e mulleres que tódolos veráns se parten o peito no monte loitando contra o lume teñen unha cita obrigada en Compostela o 6 de maio, pois a Xunta, mellor dito o BNG, a traverso da súa consellería de Medo Rural ven de privatizar o servizo público de extinción de incendios, rebaixando as condicións laborais dos seus traballadores. Nun país onde, a excepción do verán pasado, arden centos de hectáreas o lume non pode convertirse nunha mercadoría privada. O lume e a súa extinción deben ser públicas. O BNG está a dinamitar un servizo eventual pero profesional, que ate o de agora cumpriu eficazmente co seu traballo, sacándolle incluso as castañas do lume fai dous veráns cando toda Galiza ardía. Agora os nacionalistas nun afán de controlar e colocar mellor aos seus, privatiza o servizo rebaixando as condicións laborais dos seus traballadores e pondo prezo á hectárea queimada. Para isto monta SEAGA, unha empresa privada con capital público, nada menos que 1 millón de euros inxectados na conta desta empresa. Millón de euros que pagamos tódolos galegos, os mesmos que ao final desta campaña de verán que empeza poderemos xulgar se o millón de euros foi ben invertido ou pola contra foi mal gastado.


cartel6m.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios