PREMIO ‘FERRO CAAVEIRO’

66

O ‘Patroato do Museo Etnográfico da Capela‘, convoca o 1º premio de investigación “Ferro Caaveiro”, en memoria do que fora mestre capelán de arquitectura galega no seculo XVIII. O prazo de presentación de traballos remata o dia 1 de Agosto de 2008, e establecense tres premios: un 1º de 500 €, un 2º de 300 € e un 3º de 200€.
premio_ferro_caaveiro.jpg


Bases:
1.- Os traballos versarán sobre o patrimonio cultural (etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico) da Capela e comarca.
2.- Establécense 3 premios:

1º : 500 € 2º : 300 € 3º : 200 €

3.- Os traballos redactaranse en lingua galega.
4.- Poderase participar de forma individual ou colectiva.
5.- Os traballos serán inéditos e non publicados nin premiados noutros concursos.
6.- A extensión dos mesmos será dun mínimo de 10 folios (mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara) incluídos os documentos gráficos que os ilustren.
7.- Os traballos (orixinal e 2 copias) remitiranse á “Museo Etnográfico da Capela” (O Pazo s/n 15613. A Capela) en sobre pechado. No seu interior deberá presentarse outro sobre pequeno pechado no que figurará o nome e apelidos do autor/a así como o seu teléfono e o enderezo.
8.- O prazo de presentación é ata o 1 de agosto de 2.008.
9.- O fallo do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o día da festa do Requeixo e difundirase a través dos medios de comunicación.
10.- Os premios poderán quedar desertos de non existiren traballos de calidade a xuízo do xurado.
11.- Os traballos premiados, así como aqueles que o xurado considere de interese serán publicados nun monográfico da revista “O Retorno”. Así mesmo poderá propoñerse a presentación dos mesmos (relatorio, charla-coloquio,…) nas IV Xornadas Museísticas onde se entregarán os premios.
12 .- O feito de participar neste Premio presupón a aceptación das presentes bases.
Para calquera aclaración, poñerse en contacto có Museo: Tf. 981 45 93 80 (en horario de mañán)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios