A case tres meses para a celebración das festas patroais de As Pontes,xa se poden adiantar algúns datos duns festexos que van apostar este ano por unha maior participación e dispersión canto ós actos promovidos nestes días festivos.
As actividades e actuacións repartiranse entre os diferentes barrios da localidade, e non se circunscriban tan só ó centro urbano.Ademais buscarase organizar máis actividades para nenos e nenas,contando coa participación das asociacións cuturais e deportivas da vila.
Canto ás actuacións musicais, que adoitan ser do máis agardado, este ano o Carme apostará pola nostalxia con dúas referencias dos oitenta:o dúo Cómplices e a banda de Manuel España –La Guardia, que volveron a escena logo de máis dunha década dende a súa disolución. Actuarán conxuntamente,mentres que o concerto en solitario recaerá nos malagueños Efecto mariposa, que saen este verán coa súa xira Efecto 2.008.
Ademais vaise apostar fortemente polas orquestras, estando xa a piques de pechar a tódalas grandes do momento.Canto á romaxe da Fraga este ano o festival folk vai contar con todo un luxo no cartel, cos irlandeses Gwendall. Xunto a eles estarán, na noite do 24, a música tabernaria de Sérralhe-aí, e Zarambeques.
Novas
- José Miñones anticipa nuevos proyectos para As Pontes y Cerceda
- Queserías del Eume seduce a consumidores de Suecia, Estados Unidos y Alemania
- Nota de prensa do BNG: Precisa As Pontes unha residencia para maiores?
- Nota de prensa Xuntos por As Pontes: CARTA ABERTA O ALCALDE
- Endesa invertirá cinco millones en mejorar el poblado de As Veigas, en As Pontes
- Nota de prensa do BNG: O BNG DENUNCIA OS IMPEDIMENTOS DA XUNTA NO ACCESO Á INFORMACIÓN RELACIONADA COA TRANSICIÓN XUSTA
- Nota de prensa: Galiza Nova constitúese nas Pontes
- Nota de prensa Xuntos por As Pontes: ESTUDIO DE ENERXIAS PARA AS PONTES
- Endesa formará a 400 personas en Galicia para trabajar en el cierre de As Pontes y renovables
- Investigan el impacto social y psicológico del cierre de Endesa en As Pontes
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
Seguinte
También podría gustarte
Comentarios