O As Pontes visita o feudo do Ferreira

60

Diario de Ferrol. O CD As Pontes xoga esta tarde en Ferreira o partido que tiña pendente ó ter sido aprazado polo falecemento dun xogador do equipo lucense. O choque adquire máis trascendencia agora canto ás posibilidades pontesas de acabar cuartos na liga. Claro que para os locais é vital, pois xóganse o manter a categoría, logo da derrota na casa do domingo pasado. O obxectivo do Ferreira está agora mesmo a un punto, mentres os de Amil, de gañar, abrirían brecha co Bergantiños e o Castro, e terían na man xogar o play-off.


O que xa non poden acadar é o terceiro posto, pois, aínda que deben visitar ó Vilalbés, as distancias son xa insalvables.
O partido xógase ás seis en Ferreira de Pantón, e as únicas variacións con respecto á xornada precedente son a baixa de Rivas, por lesión, e a volta de Ferreiro logo de cumprir sanción.
Será unha nova oportunidade para reivindicarse dos xuvenís, que van ter protagonismo nos tres partidos que quedan, e que xa foron determinantes nos últimos encontros nos que participaron.
Así aconteceu mesmo no partido do pasado sábado, en que golearon Carballeira e Amado, que de seguro volverán contar con minutos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios