Os obradoiros do programa Vellez Activa arrinca mañá nas Pontes

45

[Diario de Ferrol] Máis de corenta personas tomarán parte nos obradoiros de vellez activa que comezan mañá nas Pontes. Están organizados pola Concellería de Servizos Sociais co obxectivo de fomentar actividades lúdicas entre o colectivo da terceira idade do municipio.


Trátase de dous talleres, que se desenvolverán ata o mes de xuño na antiga escola da parroquia de Ribadeume. Un deles será un curso gratuito adicado á estimulación da memoria que terá lugar os días 6, 9, 14, 16 e 20 de maio, e no que os asistentes farán exercicios para a mellora da súa agudeza visual e memorística, así como para recuperar hábitos de lectura e escritura.
Así mesmo, haberá un obradoiro de manualidades do 13 de maio ao 13 de xuño no local de veciños de Goente, en dúas clases semanais de dúas horas. Neste taller, os alumnos aprenderán a traballar a cerámica, a madeira ou o cristal, co fin de estimular a súa imaxinación e destreza.
Ámbalas dúas iniciativas están integradas no proxecto Vellez Activa, impulsado polo departamento que dirixe o concelleiro José Alén. A finalidade do programa é que os maiores accedan a actividades de ocio e lúdicoas, ademais de mellorar a súa autoestima. Así, un dos principais beneficios destes obradoiros é o carácter socializador dos mesmos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios