Adrián López e David Rochela, ‘Balóns de Ouro e Bronce Marca’ respectivamente

79

Info facilitada por Xosé Ferreiro:
Os xogadores ponteses Adrián López e David Rochela, ámbolos dous militantes actualmente no Deportivo da Coruña, veñen de acada-lo “Balón de Ouro e Balón de Bronce Marca” respectivamente, nas posicións de defensa central dereito e esquerdo. Este premio que outorga o xornal deportivo Marca concédese aos xogadores que obteñen máis votos por parte do público.
draft.jpg
Destacar que Adrián López tamén conseguíu hai uns días o Draft de Ouro na posición de defensa central dereito (premio que, a diferencia do primeiro, concede un xurado de expertos), polo que este ano fai doblete.
Noraboa aos dous premiados!


A entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro luns en Madrid. A clasificación final quedou así:
DEFENSA CENTRAL DEREITO
1. Adrián López 47%
2. Marc Valiente 34%
3. José Luis Arroyo 19%
DEFENSA CENTRAL ESQUERDO
1. Gerard Piqué 50%
2. Álvaro Domínguez 30%
3. David Rochela 20%

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios