As Pontes promocionará o uso do galego nas festas do Carme

98

[La Opinión] O Concello das Pontes vén de unirse á campaña Mil festas máis para a lingua galega, unha iniciativa que nace no municipio pontevedrés de Redondela e que ten como principal obxectivo potenciar a cultura e a lingua propias de Galicia a través do seu uso nos distintos festexos populares que se celebran en toda a comunidade e que son “un referente da vida social dos galegos”.


O Goberno local pretende “revalorizar” o idioma galego e o seu uso “facéndoo partícipe dunhas datas tan sinaladas como son as festas patronais da Virxe do Carme”. A campaña conta co patrocionio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo momento sumáronse a ela 120 municipios. Mil festas máis para a lingua galega pretende facer das festas un espazo de socialización do galego e incentivar o “uso e o consumo” da cultura galega mediante as festas populares e as bandas e orquestras que participan nelas.
O acordo de adhesión a este programa establece que un mínimo dun 20% dos temas musicais sexan interpretados en galego, sexan orixinais ou adaptados, e que o cantante se dirixa ao público tamén en galego. O convenio inclúe a celebración dos actos litúrxicos nesta lingua.
O Executivo municipal incluirá outras novidades no pograma das festas do Carme, ademáis do fomento e a promoción do galego. A Concellería de Cultura ten previsto trasladar o festival Nabiza Rock do parque de Dona Rita ao casco urbán. Un dos principais obxectivos do Concello, segundo informou onte, é o de distribuir entre os distintos barrios ponteses as actividades do programa de festexos para este verán.
Así, están previstas actividades como o Cine nos barrios, que substituirá ao Cine de Verán que se celebraba no colexio Santa María. Esa mesma idea trasladarase a outras actividades, culturais e deportivas.
¿ONDE LEVARÍAS O NABIZA?

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios