IV Xornadas Interxeracionais Rurais : ‘Aprendendo cos nosos maiores’

142

Desde a Asociación Amigus, queremosvos informar que a partir de este sábado dan comezo as IV Xornadas Interxeracionais rurais, que teñen lugar en Cabreiros, e que seguirán durante os vindeiros sábados 7 e 14 de Xuño. Estan abertas a todo o mundo que se queira achegar a elas.
Durante este sábado, poderemos contar, por exemplo con José M. Mayan Santos, vicereitor da Universidad de Santiago, que nos dara unha charla moi amena de como chegar a vello da mellor maneira posible. Pola tarde levaranse a cabo as III Xornadas Chairegas do Xogo Popular e Tradicional, ata as que se acercaran diferentes colexios de As Pontes e de Vilalba, así como de Xermade; e poderemos disfrutar de diferentes xogos como: a billarda, a porca, a chave, etc. (Importante novidade, este ano hai moitos máis xogos que o ano pasado)
Asi pois, invitamosvos a que vos animedes e pasades por alí. Acto seguido, deixamosvos as programacións das Xornadas dos seguintes sábados.


DIA 31 DE MAIO
10:00

Acto de apertura. A Cargo do Excmo. Sr. Alcalde do Concello de Xermade, Consellería, Universidade de Santiago, Asociación de Veciños de Cabreiros.

10:30 – 11:30

Conferencias
“Como embellecer dun xeito saudable”
José M. Mayan Santos
Vicereitor da Comunidade Universitaria e Compromiso Social.
Universidad de Santiago.

12:00 – 13:30

“Sistema Galego de Benestar”
Mª. Xesús Lago Vilaboa
Secretaría Xeral de Igualdade
Xunta de Galicia
Presenta:
Branca Rodríguez Pazos
Delegada Provincial

16:30 – 22:00

III Xornadas Chairegas do Xogo Popular e Tradicional.
(Porca, Pita Cega, Billarda, Bolos, Peonza, A Chave, Brilé, … )
(Inclúe importantes novidades con respecto ás Xornadas do Ano Pasado).
Contarase coa participación do alumnado e profesorado dos Centros Educativos de Xermade, As Pontes, Vilalba e outros centros.

DIA 7 DE XUÑO
10:00 – 11:30

As enfermedades cardiovasculares. A epidemia do século XXI
Dr. Nicolás Vázquez González
Xefe de Seccion de Cardioloxía do Hospital Juan Canalejo

12:00 – 13:30

Pepa a Loba. Mito e Realidade
Carlos G. Reigosa
Escritor e periodista.

16:30 – 17:00

Presentación da I Revista Interxeracional de Cabreiros
María Mosquera Pena
María González Peleteiro
Alumnas da Facultade de CC. Da Educación.
Educadoras Sociais-Universidad de Santiago
Libro de actas de Cabreiros das Primeiras Xornadas Interxeracionais.

17:15 – 18:00

Proxección do Video “As Orquestras de Cabreiros”

18:45 – 20:30

Espectáculo de conto e comedia con
Cándido Pazó
“Contar para vivilo”

DIA 14 de XUÑO
10:00 – 13:00

IV Festa da Roza
“O trabalo ao redor do Toxo”
(Falaremos e exemplificaremos como antigamente se cultivaba o toxo, como se recollía, como se preparaba para os animais, tipo de toxo e sobre todo … o que significa o Toxo na nosa Cultura).
Proxección e debate cos veciños de Cabreiros ao redor do Video:
“O Toxo”
Conferencias:
“O Toxo na nosa cultura”
Instituto de Estudios Chairegos
Lectura de algúns pasaxes do Libro “Toxos e Frores” de Manuel Rivas

15:30 – 18:00

Visita ao Museo Etnográfico da Capela

19:00 – 20:00

Representacion da Obra de Teatro
“Os vellos non deben de Namorarse”.
Grupo “CHARETADAS” de Cabreiros.

Cartel-Xornadas.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios