A Mourela británica

52

Hoxe na Fox ás nove do serán poderemos desfrutar do documental sobre as escavacións de Stonehenge que sacan á luz novas hipóteses ate o de agora descoñecidas. A similitude coa necrópole da Mourela é clara. No trailer do documental pódense apreciar estructuras similares ás aparecidas na Mourela: fosas, furados de postes, tumbas en estela, e outras estructuras que nos lembran o patrimonio megalítico local, hoxe desaparecido.
As escavacións realizadas en Stonehenge tiveron lugar ao mesmo tempo que as da Mourela, coa diferencia de que os resultados do caso británico están xa publicados e os da necrópole pontesa non existen. Ademais o cromlech británico e as estructuras que o rodean aínda permanencen no lugar, mentras que os restos da necrópole pontesa foron aniquilados para deixar paso ao “progreso”.
National Geographic revela que Stonehenge foi empregado como cemiterio durante longo tempo. É o resultado da investigación arqueolóxica liderada polo profesor británico Mike Parker Pearson, na que tamén se descubriron obxectos cotidianos empregados polos homes do Neolítico.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios