Multas automatizadas con Software Libre en Portugal

22

Lendo mancomun.org:
“A tecnoloxía aberta, concretamente o servidor de aplicacións Java Jboss, é a base do novo Sistema de Xestión de Multas (SCOT), desenvolvido polo Ministerio portugués de Asuntos Internos.
O sistema, posto en funcionamento recentemente, ofrece servizos tecnolóxicos ás dúas entidades portuguesas responsables das forzas policiais, a Policía de Seguridade Pública (PSP) e a Garda Nacional Republicana (GNR).”…


…”Segundo explica un dos administradores do proxecto, Carlos Lourenço, da Rede Nacional de Seguridade Interna, o uso de aplicacións con código aberto permitiu reducir os custos, ao tempo que contribuiu a racionalizar os procesos comunicativos entre ambas forzas de seguridade.
SCOT permite aos axentes de policía xerar e emitir multas e tickets cun mínimo esforzo. Usando consultas predefinidas, os rexistros son recollidos automaticamente da base de datos. Lourenço explica que o sistema permite, ademais, minimizar ao mínimo os erros: “cada multa ten que ver cun só número do carnet de conducir, unha matrícula, un único lugar e un código de infracción”.
Así mesmo, o sistema permitirá tamén contribuír a reducir as tarefas administrativas levadas a cabo polas forzas de policía a nivel administrativo. ‘Isto permitiranos reasignar os axentes de policía a outras actividades operacionais’.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios