Ourense acollerá o primeiro máster oficial sobre Software Libre

26

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“Ourense contará a partir do vindeiro curso académico co primeiro curso de postgrao oficial de Software Libre de Galiza. O prazo de matrícula para o Máster en Consultoría de Software Libre xa está aberto, segundo anunciou o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, Enrique Barreiro, na inauguración das segundas xornadas de programación web con Software Libre que se desenvolven na cidade ourensá.”…


…”Barreiro explicou que o curso impartirano profesores procedentes de empresas, de centros tecnolóxios e de administracións públicas, cun perfil “moi profesionalizado”. Tamén anunciou a próxima apertura no campus ourensán da Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo.
Pola súa banda, o vicepresidente da asociación de Software Libre de Ourense (OUSLI), José Ramón Méndez, explicou que o máster está dirixido a calquera titulado universitario de nivel técnico ou superior, aínda que especialmente destinado a licenciados en Enxeñaría Informática.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios