TuxGuitar 1.0, software para guitarristas e baixistas

26

Lendo mancomun.org:
“TuxGuitar é un software multiplataforma para a composición e reprodución de partituras para guitarra desenvolvido en JavaSWT. Despois de dous anos de desenvolvemento está dispoñible, dende hai unhas semanas, a nova versión 1.0 considerada estable. “…


…”TuxGuitar é un software orientado para guitarristas e baixistas para a creación e escoita de varios formatos de tablaturas, inda que o contorno de traballo é válido para calquera músico.
TuxGuitar vén acompañado dunha serie de complementos que amplían as posibilidades:
* tuxguitar-converter, permite a importación/exportación a diversos formatos (*.gpX, *.ptb, *.tef, *.tg).
* tuxguitar-musicxml, para exportar ficheiros a formato MusicXML.
* tuxguitar-lilypond para exportar os ficheiros a formato Lilypond.
* tuxguitar-gtp, para abrir ou gardar ficheiros de Guitar Pro.
Xa se está a traballar na seguinte versión, pero a 1.0 estará soportada durante un período longo de tempo. Na sección de localización de TuxGuitar hai información sobre a incorporación de novas traducións e cuestións relacionadas.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios