Ubuntu MID (Mobile Internet Device) Edition 8.04

47

Lendo mancomun.org:
“Acaba de saír, aínda que con dous meses de retraso, a Ubuntu MID (Mobile Internet Device) Edition que consiste nunha versión de Ubuntu 8.04 adaptada para dispositivos móbiles con conexión a internet. Está especialmente optimizada para os procesadores Atom de Intel.
Algunhas das aplicacións incluídas son:
* MID Browser: navegador web baseado en Gecko deseñado especificamente para pantallas pequenas con soporte para facer zoom.
* Pidgin como cliente de mensaxería instantánea.
* Cheese para a integración de cámara web.
* Claws Mail como cliente de mensaxería por defecto.
* Moblin Media para reprodución de son e vídeo.
* Xogos
* FBReader como lector de libros electrónicos.
* Outras aplicacións: Reloxo con alarma, calculadora, lista de contactos…”…


…”Ubuntu MID Edition benefíciase de moitos dos proxectos de Intel Moblin, especialmente nalgunhas partes do framework, o navegador web, multimedia e os applets.
Se dispoñedes dun netbook podedes descargalo e probalo. Si non tendes un e queredes botarlle un vistazo igualmente, podedes facelo mediante unha imaxe de máquina virtual KVM que Canonical pon para descargar.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios