O paquete de idioma galego para o Firefox 3 xa está en addons.mozilla.org

97

Lendo mancomun.org:
“Trala publicación nesta web do paquete de idioma galego para o Firefox 3.0, agora este paquete atópase dispoñible desde a páxina oficial de complementos de Mozilla (http://addons.mozilla.org) desde a seguinte ligazón:
* Ligazón ao paquete de idioma galego para Firefox “…


…”Recomendamos instalar a versión de addons.mozilla.org xa que deste xeito cando haxa actualicazións e/ou se corrixan erros na tradución, o Firefox detectará automaticamente as novas versións o que vos axudará a mantervos actualizados coa última versión.
Así mesmo recordar que tamén temos dispoñible o corrector de idioma galego para o Firefox e Thunderbird, tamén en addons.mozilla.org e que a última versión do mesmo está optimizada para Firefox 3 (*):
* Ligazón ao corrector de galego para Firefox e Thunderbird
Tamén recordamos a ligazón do complemento coa tradución ao galego para o Thunderbird:
* Ligazón ao paquete de idioma galego para Thunderbird

[NOTA PARA USUARIOS DE FIREFOX 2]

Para aqueles usuarios que non decidiran aínda actualizar, e seguen a empregar Firefox 2, deberán instalar unha versión compatible co seu navegador desde a seguinte ligazón:
* Versións anteriores do paquete de idioma galego para o Firefox 2
(*) Se eres usuario de Firefox 2 recomandos a instalación do corrector co número de versión 1.1
Para calquera dúbida, escribide a galician@mozdev.org“…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios