O portal europeo de Software Libre reproduce o modelo de Mancomún

103

Lendo sociedadedainformacion.eu:
“O Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre (OSOR), que se presentou recentemente en Bruxelas, reproduce mimeticamente a estrutura de Mancomún, unha experiencia avaliada pola Unión Europea como modelo de éxito, aplicado en Galiza dende hai máis de dous anos.”…


…”OSOR
A estrutura baseáse nun portal que permite compartir o Software Libre a institucións, organismos e individuos, ao tempo que intercambian recursos e coñecementos na materia a través de servizos de observación tecnolóxica e colaborativos. A Forxa de Mancomún é unha das forxas asociadas á plataforma europea dende o seu inicio.
O coordinador de Mancomún, Xesús Manuel Benítez Baleato expplicou que “o feito de que o modelo escollido finalmente pola Comisión Europea para poñer en marcha o OSOR reflexe tan claramente a estrutura proposta dende Galiza a través de Mancomún demostra o acerto da estratexia de promoción do Software Libre seguida pola Consellaría de Innovación e Industria, buscando fortalecer un tecido TIC endóxeno capaz de fornecer a necesaria independencia tecnolóxica que permita abastecer tecnoloxicamente aos distintos sectores produtivos do noso país”.
Deste xeito, Mancomún convértese en referente europeo en Software Libre e contribúe no asesoramento e desenvolvemento de proxectos continentais para a difusión e implantación das tecnoloxías abertas. Tal e como sinala Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, principal entidade promotora do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, ‘trátase non só de que Galiza sexa consumidora senón tamén de que sexa produtora de recursos e servizos na Sociedade da Información e do Coñecemento’.”…
Fonte: sociedadedainformacion.eu

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios