Convocada a primeira edición das Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

69

Lendo usc.es:
“Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08“…


…”Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino. As xornadas están orientadas á construcción de robots baseados no Arduino e á explicación de como aproveitar a potencia dos microcontroladores co uso do PC e de software de control robótico aberto.
* Datas de PREINSCRIPCIÓN: do 21 ó 27 de maio deste mes
* Data de INSCRIPCIÓN: do 28 ó 29 de maio
* Data de CELEBRACIÓN: 17 e 18 de xullo”…
Fonte: usc.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios