As Pontes celebra o maratón das festas do Carme

82

[Diario de Ferrol] Con motivo das festas do Carme que terán lugar nas Pontes esta fin de semana -4, 5 e 6 de xullo-, a cancha do polideportivo municipal acollerá o tradicional maratón de fútbol sala, un dos máis prestixiosos da comarca tendo en conta os premios en metálico -os catro primeiros clasificados recibirán 1.500, 750 e 250 euros respectivamente-. Así mesmo o conxunto local mellor situado será obsequiado con 250 euros e un trofeo. Tamén haberá galardóns para o mellor xogador e o mellor porteiro.


Os equipos inscritos coñecerán hoxe a partir das 20.30 horas o resultado do sorteo para os distintos emparellamentos. O torneo, que está organizado pola Asociación Local de Fútbol Sala das Pontes, en colaboración có Concello e a Concellería de Deportes e a Diputación da Coruña, estará arbitrado por colexiados federados. Para máis información os interesados poderán chamar ao 679 371 472.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios