BNG Local: SEN PISOS PARA A XUVENTUDE E CO CHAMOSELO “MORTO”

97

A ABSTENCIÓN DO PP E O VOTO EN CONTRA DO ALCALDE IMPEDIRON APROBAR A PROPOSTA DO BNG.
O GOBERNO MUNICIPAL ADMITE A CATÁSTROFE ECOLÓXICA DO RÍO.
Na sesión do Pleno do Concello celebrada hoxe debatíase unha moción do Grupo Municipal do BNG que, asumindo unha iniciativa de Galiza Nova das Pontes, pretendía que se sacara a concurso unha parcela municipal duns 760 m2 situada preto da pisicina municipal para a urbanización e construcción de vivenda de protección autonómica dirixida á xuventude pontesa, unha proposta valorada de forma positiva pola Consellaría de Vivenda e Solo nun acto celebrado o mes pasado no Lar, Consellaría coa que se propoñía, tamén, a sinatura dun convenio; todas as actuacións deberían desenvolverse no presente ano. A posición indiferente e calculada do único concelleiro do PP e a oposición do grupo de goberno do PSOE fixeron que a proposta nacionalista fora rexeitada, sen alternativa algunha.
Tamén no mesmo Pleno, a Concelleira de Participación Veciñal afirmaba que o río Chamoselo “está morto”, mentras que o Alcalde admitía coñecer a catástrofe dende facía un ano. Para o BNG é evidente a pasividade do Concello, que se ven a sumar á das Consellarías de Medio Ambiente e da COTOPT, tamén no ámbito socialista. O Grupo Municipal do BNG demostrou tales afirmacións durante o Pleno realizando un conxunto de preguntas baseadas na Declaración de Impacto Ambiental da autovía e noutras regulamentacións ambientais, preguntas que non foron contestadas polos responsables municipais. Para o BNG, poderiamos estar diante dun delito ecolóxico agravado ou, cando menos, dunha infracción ambiental moi grave.
Nota de prensa enviada polo Responsábel Local do BNG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios