O equipo pontés Tropicana anótase o trofeo de Xove

71

[Diario de Ferrol, por Xosé Cendán] O equipo do Pub Tropicana vén de facerse co título no máis prestixioso dos maratóns de fútbol sala do verán galego, a cita de Xove, que lle supuxo embolsarse o premio máis alto que se entrega neste tipo de competicións, 6.000 euros.


O Tropicana chegou á final despois de demostrar unha gran capacidade goleadora, e tendo que deixar polo camiño a algúns dos favoritos. Sen embargo, na semifinal atopouse cun cadro que tiña a afeción ao seu favor e que contaba cunha das mellores plantillas. O Pescados Rubén foi un duro rival cunha formación moi conxuntada pero que caeu ante o Tropicana, que non se permitiu ningún erro e soubo marcar o ritmo do partido.
Ao final o 2-0 levounos directos á última eliminatoria, na que derrotaron por 1-0 ao Boavista, equipo que milita na División de Honra portuguesa, pero que tampouco puido coa orde dos á postre vencedores.
Ademais do título por equipo, tamén se levou o trofeo ao máximo goleador, Róber, mentres que o pontevedrés Pitu, ex militante do Parrulo, foi elixido mellor xogador.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios