A Generalitat de Catalunya presenta unha folla de ruta para a implantación do SwL na administración

30

Lendo mancomun.org:
“A Generalitat de Cataluña presentou onte a Folla de Ruta do Software Libre(PL). Trátase dun estudo elaborado polo Centro de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información (CTTI) por encargo da Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información (STSI) e que avalía a madurez das solucións de código aberto, analizando a busca de oportunidades reais na implantación do Software Libre nos sistemas informáticos corporativos e departamentais da Generalitat de Catalunya.”…


…”A presentación da Folla de Ruta tivo lugar no marco da sétima edición das Xornadas de Software Libre da Universidade Pompeu Fabra (UPF), que se celebra até o vindeiro 5 de xullo na UPF.
O obxectivo desta Folla de Ruta é identificar as principais directrices que teñen que seguir os departamentos da Generalitat de Catalunya para a implantación e o despregue de iniciativas baseadas en Software Libre. Neste senso, o director xeral da Sociedade da Información en Catalunya, Josuè Sallent, destacou “os beneficios que pode achegar para a Generalitat de Catalunya o impulso do PL, sobre todo porque favorece a reutilización de software e tamén pola necesidade que existe de liderar dende a STSI a xestión do cambio de modelo na administración pública catalana”.
O estudo desenvólvese en diferentes fases: unha primeira de análise da situación de software, tanto privativo como de código libre, nas plataformas e sistemas informáticos da administración catalana, inetntando establecer en que ámbitos, departamentos… podían encaixar as solucións do PL.
Na segunda fase, o estudo fai unha análise e unha valoración (benchmarking) do uso de aplicacións de código aberto noutras administracións públicas e empresas privadas de ámbito estatal e europeo.
Finalmente, a partir destas análises previas e das conclusións que delas se derivan, establécese un modelo e uns criterios de avaliación das solucións do PL e detéctanse e avalíanse os riscos de levar a cabo as iniciativas PL que se identifican como oportunidades reais de implantación.
No apartado de conclusións, o estudo destaca a idoneidade de implantar o PL na Generalitat de Catalunya e propón as accións que fará falta levar a acabo para abordar con éxito esta iniciativa, como por exemplo a eliminación de barreiras metodolóxicas, culturais e de formación, así como impulsar normativas que fomenten a interoperabilidade e os estándares abertos.”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios