O As Pontes aposta forte pola canteira

54

[Diario de Ferrol] O CD As Pontes vai completar a tempada que ven, a nova filosofía que se ven promovendo nos últimos anos, de apostar definitivamente pola canteira. Dende a directiva tiñan claro que era o momento, ó cadrar un intre no que as limitacións económicas impedían grandes dispendios, cun momento doce na canteira. Aproveitando a circunstancia, o equipo do vindeiro ano vai ser máis da casa que nunca, pois vaise subir a cinco xuvenís, Víctor, Boo, Rouco, Esmorís e Jorge, e volverá Bonilla, que estaba cedido.


Coa retirada dos veteráns, Fontao, Paz, e Roca, o equipo que salla o vindeiro ano na preferente será non só eminentemente da casa, senón dos máis novos, pois seguen tódolos xuvenís que subiran o pasado ano, e o resto levan aínda poucas tempadas na primeira plantiña. É xa segura a marcha de Grueiro, Rubén, Javi, Fornos, Manel, Suso e Canosa.
Quedan por incorporarse un porteiro, un central e dous xogadores para a banda esquerda, un defensivo e outro ofensivo, e quedará conformado o equipo que será novo en tódolos sentidos, con compoñentes que conforman un novo plantel, e cunhas idades moi xoves. As novas fichaxes seguen tamén esta liña, polo que pasará a ser Pedro o xogador máis veterán, logo os maiores serán xogadores aínda moi xoves como o porteiro Marcos, ou Rivas, e a eles súmanse, Aguado, Seco, Hugo, Chote, Alberto, Troncho, Ferreiro, Alonso e Dani.
O presidente dos ponteses, Xaime Castro ve así cumprirse o que era unha das apostas da súa directiva de facer un equipo que se nutrise da súa propia canteira, e volverase cumprir o de a adestrador novo, equipo novo, e cadrando tamén que a técnico local corresponderase con equipo local.
Felipe Mieres colle as rendas do primeiro equipo do C. D. As Pontes cun conxunto que vai tomar polo camiño que lle queda, pero que ademais era o que quería, e o que marca a lóxica dun clube que é un auténtico viveiro de grandes xogadores.
De momento, o equipo xuntarase o día 22, para adestrar tamén o día 23, e logo daranse vacacións cadrando coas celebracións da festa de A Fraga. Volverase o luns 28, cun semana de tempo para preparar xa o debut na Copa Deputación.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios