Os Artesáns do Eume realizarán mostras en vivo na FIMO deste ano

179

Durante esta semana, dende o martes día 8 ata o domingo 13 de xullo, 6 socios da Asociación de Artesáns do Eume realizarán mostras en directo de oficios tradicionais nun dos pavillóns da Feira de Mostras do Noroeste. Ademais os membros desta Asociación exporán algunhas das súas pezas nos stands que este ano presentan os concellos de Cabanas e Pontedeume. Os Artesáns do Eume realizarán estas demostracións en horario de tarde, comezarán ás 17.00 h e rematarán ás 20.00 horas.


A primeira demostración, o día 8 de xullo, correrá por conta de Fina Casal, especializada no fiado da lá e nos restantes procesos que segue este material ata que chega ao noso armario en forma de prendas de roupa. O mércores 9 correspóndelle o turno a María Fe Porral, que mostrará as súas habilidades no encaixe de bolillos. O xoves día 10 correspóndelle o turno a Cesar Dapena, do obradoiro pontés Dpedra, que fará unha demostración de canteria ornamental. O venres día 11 Xavier Martín, do obradoiro Taxus, fará unha demostración das técnicas utilizadas no torneado de madeira. O sábado 16 Marisa Hermida Orosa mostrará as súas habilidades nas diferentes especializades do encaixe moderno. A última demostración correrá a cargo de Rosa Higuero, que está especializada na realización de xoias de maneira artesanal.
Esta feira é un escaparate ideal para darse a coñecer neste territorio, e tamén para mellorar as relacións comerciais dentro da zona de Ferrolterra. Este ano celébrase a 46 edición de FIMO que contará coa presenza de máis de 200 expositores españois e portugueses e os organizadores contan con superar os 30.000 visitantes.
PROGRAMA DE DEMOSTRACIÓNS DE OFICIOS TRADICIONAIS
Martes 8: Fina Casal. Fía a lá.
Mércores 9: Mª Fe Porral. Encaixe de Bolillos
Xoves 10: César Dapena. Canteiro-Escultor.
Venres 11: Xavier Martín.Obrdoiro Taxus. Torneiro de Madeira.
Sábado 12. Marisa Hermida Orosa. Encaixe Moderno.
Domingo 13. Rosa Higuero. Xoiería.
Horario : de 17:00 a 20:00 H.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios