Mozilla Fennec

60

Lendo linuxpreview.org:
“Segundo baixen os prezos da conexión, cada vez accederemos máis á web por medio do móbil. Ata o de agora precisabamos utilizar navegadores propietarios, como Opera Mini ou o Safari do iPhone. Pero Mozilla promete que a finais de ano poderemos dispoñer de Firefox Mobile, alcumado Fennec.”…


…”O fenec é unha especie de raposo especialmente pequena do norte de África e foi o nome escollido. Polo momento, os posuidores dun Nokia N800 ou N810 poderán instalar e probar a versión preliminar Milestone 4, coa advertencia de que está aínda moi verde. Quen non dispoña dun destos móbiles, poden votar un ollo ó aspecto que se prevé que terá no navegador no sitio web do interface de Fennec.
A gran dúbida é saber cando poderemos dispoñer de Firefox Mobile, unha dúbida que estivo no aire dende que se anunciara este proxecto. Segundo Mitchell Baker, presidenta da Fundación Mozilla, asegura que a finais deste mesmo ano disporemos dunha versión que non será a final, pero si o suficientemente madura como para utilizala de xeito habitual, segundo informa MyComputer.”…
Fonte: linuxpreview.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios