Mancomún debate hoxe en Santiago sobre os procesos de mercantilización do coñecemento e do software

32

Lendo mancomun.org:
“O coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús M. Benitez Baleato, estará esta mañá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela para impartir un relatorio sobre os procesos de mercantilización do coñecemento, aplicados concretamente ao mundo do software.”…


…”Esta charla enmárcase dentro do curso “A canonización do mercado inmaterial. A mercantilización do coñecemento”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia).
Este curso, que comezou o pasado luns 14 de xullo e se prolongará ata mañá venres, ten como propósito debater sobre a mercantilización dos bens inmateriais e cuestionar a súa lexitimidade dende diferentes óptica.
A xornada de hoxe, coa participación de Mancomún, centrarase na perspectiva das novas tecnoloxías. O programa comezará ás 10 horas coa intervención de Baleato, quen se incorporará, posteriormente, a unha mesa redonda na que participarán o presidente de INEO, Jorge Cebreiros; a presidenta de EGANET, Beatriz Legerén; e o presidente de AGASOL, Javier Vázquez.
Joan Mayans i Planells, antropólogo social e empresario do Observatorio para a Cibersociedade, completará a sesión da mañá cun relatorio sobre os retos e os desafíos da sociedade da información. Esta presentación precederá un coloquio sobre as novas estratexias na sociedade da información na que compartirán mesa o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourese, Enrique Barreiro, e o director de Culturagalega.org, Manuel Gago.
O curso clausurarase mañá cunha xornada sobre globalización e subdesenvolvemento. Con esta visión pecharase unha análise integral sobre o modelo de sociedade da información e do coñecemento cara ao que se camiña en canto a termos de regulación. “…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios