OTAN adopta ODF (Open Document Format)

64

Lendo agnix.org:
“A OTAN adoptou o estándar ISO 26300 ODF (OpenDocument Format) co obxecto de promover a interoperabilidade. Nos estánadres adoptados pola OTAN inclúense o formato RTF -Rich Text Format-, XML e o formato Office XP como requisitos para compartir datos.”…


…”A OTAN non incluíu o Office Open XML (OOXML), competidor do ODF, que actualmente está sometido a un controvertido proceso de certificación por parte da ISO. Os observadores din que o Ministro da Defensa Holandés aposta por ODF. O sector público dos Países Baixos adoptarán estándares abertos e código aberto.
O interesante desta nova é o peso da lóxica na toma de decisións, ou o sentidiño como dicimos na nosa terra. Que queiran comunicarse diferentes países integrantes da OTAN dun xeito estandarizado cae polo seu propio peso. Dito ao contrario, como irían comunicarse tantos países se cada un deles envía documentos nos formatos que posúen sen ter a garantía de que os receptores empreguen tal formato?
Daquela é lóxico adoptar o ODF pois é estándar ISO, entidade supranacional certificadora de estándares, e de igual modo co XML. O que xa é máis dubidoso é o do RTF e o Office XP… os dous son deseñados pola M$. Son coñecidos como estándares ‘de facto’.
As cuestións son varias. Débense empregar estándares ‘de facto’ habéndoos ‘de iure’ (de lei ou oficiais)? Non se deberían incentivar máis os estándares oficiais?”…
Fonte: agnix.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios