Anotando arquivos PDF en Linux

39

Lendo diariolinux.com:
“Fai uns meses comentaba cómo activar o soporte de comentarios a un PDF en Linux. A verdade é que ter que descargar unha versión de proba de Adobe Acrobat para poder activar o bit de ‘permitir anotacións’ me parecía matar moscas a cañonazos (aparte de que é ‘de proba’, p.e., ós 30 días ou pagas ou se acabou… e pagar 499 dólares por poder activar un bit, é algo que me da dor ce corazón). Pero é que en Linux, por máis que busquei non atopei outra opción (ata que o soporte de anotacións en Evince estea a pleno funcionamento creo que aínda pasarán uns cantos meses).”…


…”Non paro no meu empeño. Polo que puiden averiguar, parece que Adobe Acrobat Reader (incluída a versión Linux) só permite crear anotacións cando o PDF orixinal se creou con Adobe Acrobat Pro, e dende ahí se activou o bit. O caso é que non só se activa un bit, senon que Adobe Acrobat Pro incrusta algunha sinatura dixital no PDF que é a que realmente activa a barra de anotacións de Reader. Incluso hai algunha resposta contundente en Yahoo Answers ante a pregunta de ‘¿como activo o soporte de anotacións a un PDF que non o ten activado?’. Segundo esa resposta: non se pode. Ben, si que se pode, pero NON dende Adobe Acrobat Reader. Pódese activar o soporte de anotacións e crear ditas anotacións para calquera PDF dende PDF XChange Viewer.”…
Fonte: diariolinux.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios