GALPon MiniNo

48

Lendo galpon.org:
“Fai un par de meses que decidimos formar un equipo de traballo para intentar montar unha alternativa a Guadalinex Mini 2004, máis actualizada, máis práctica, máis rápida e, por que non, máis agradable á vista
Baseada en Lenny (moi pronto, a que será versión estable en Debian) e pensada para equipos modestos con polo menos 64Mb de RAM e 1Gb de HD, comprácenos comunicarvos que o equipo de GALPon e MiniNo terá en poucos días lista a primeira release de GALPon MiniNo.”…


…”Xa que este traballo foi planexado cara a obter unha distro bilingüe (un dos coordinadores de proxecto non é galegofalante) é importante suliñar o traballo de traducción de aplicacións para acadar unha “distro” doadamente galeguizada, ainda ha moitas aplicacións no “obradoiro” pero xa son só as máis raras.
Agradecemos de antemán a todos aqueles que queiran participar como betatesters e anímense a probala, a reportar erros, enviar suxestións, mostrarnos alternativas, etc…
Para os máis impacientes, que non poidan esperar a que terminemos de montar a web, o foro de axuda e a ISO instalable… deixámosvos unhas notas para instalala en cru:
Para o que non estea familiarizado coa instalación de Debian, pódese ver isto mesmo de forma máis completa aquí.
1) INSTALAR LENNY BÁSICA.
Descargar un cd instalable de Debian Lenny
http://cdimage.debian.org/cdimage/weekly-builds/i386/iso-cd/debian-testing-i386-CD-1.iso
Proceder á instalación coas seguintes opcións:
– Iniciar o CD coa opción “expert”
– Idioma (Galego ou Español) PERO na codificación elixide es_ES.UTF-8 e gl_ES.UTF-8 (elixide os dous)
– Contrasinais: optar pola instalación tipo “sudo” (ou sexa, NON permitir a entrada como root) e MOI IMPORTANTE
Usuario: user
Contrasinal: user
– En selección de software DESMARCAMOS TODO.
2) INSTALAR GALPon MiniNo.
– Ao iniciar a Debian Lenny esquelética que instalamos no punto anterior, entramos como user/user e a continuación «sudo su» (user) para converternos en administradores.
cd /
wget http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/script-beta
sh script-beta
– Unha vez que termine todo o proceso reiniciamos o computador con «reboot» ou Ctrl+Alt+Del e debe iniciar directamente no escritorio de traballo.
No “Cartafol persoal” tedes un ficheiro .html de Axuda con casos específicos que xa coñecemos e que vos poden servir por se tedes unha configuración parecida. Se tivésedes un problema distinto e conseguides solucionalo, agradecemos que o reportedes para poder incluílo.
Sen máis, deixámosvos os correos onde podedes contactar co equipo de GALPon MiniNo:
Antonio Sánchez (introlinux en gmail punto com)
Miguel Bouzada (mbouzada en gmail punto com)
Deixovos uns pantallazos feitos por Antonio (versión en castelan)
Pantallazo 1
Pantallazo 2
Pantallazo 3“…
Fonte: galpon.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios