O CIRL lanza a primeira versión alpha de UEX Linux 2008

39

Lendo mancomun.org:
UEX Linux é unha distribución Linux para a Universidade de Extremadura coordinada polo Centro Internacional de Referencia Linux (CIRL). Nesta primeira versión alpha tomouse como punto de partida a distribución Ubuntu Linux 8.04 LTS (Desktop Edition). UEX Linux 2008 Alpha 1 é un prototipo de distribución que ten como obxectivo recompilar aplicacións software usadas na parte práctica de asignaturas impartidas na Universidade de Extremadura. Nesta versión alpha, incluíronse algunhas ferramentas e aplicacións principalmente de titulacións en Informática.”…


…”O DVD de UEX Linux entregarase aos alumnos que cursen estudios nas titulacións de Informática na Escola Politécnica de Cáceres e no Centro Universitario de Mérida…”…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios