Concentración mañá en Ombre

83

Tras comprobar a continua mortandade existente ao longo de todo o río Eume augas abaixo de As Pontes e o deterioro da calidade das augas dende hai máis de dous meses, e ante a actitude condescendiente da Administración, que non quere afrontar ás verdadeiras causas do desastre e anunciou un conxunto de medidas que se amosaron ineficientes, os colectivos ecoloxistas e pescadores seguiremos esixindo o peche inmediato da pesca como medida urxente e unha investigación completa das verdadeiras causas do desastre.
Por iso, os colectivos de pescadores do Eume convocan a todas as persoas sensibilizadas co estado do río a unha concentración o vindeiro SÁBADO 9 de agosto ás 17h no coto de Ombre (Pontedeume).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios