Euroeume convoca a Mesa Sectorial de Turismo

90

A Asociación Euroeume, con motivo da elaboración da candidatura para o Programa Leader 2007-2013, ven de convocar a Mesa Sectorial do Turismo. Nestas mesa de traballo sentaranse as bases do Plan Estratéxico da Asociación para os vindeiros anos, e as propostas indicadas marcarán as liñas de traballo para Euroeume no próximo periodo.


Mesa de Turismo
O día 19 de Agosto, ás 17.30 horas da tarde, celebrarase a Mesa Sectorial do Turismo na Casa da Cultura da Capela. A esta reunión foron convocadas as Asociacións de Empresarios de Turismo e de Artesáns, así como todos os axentes implicados neste sector dentro do territorio: Cantinas do Eume, aloxamentos de turismo rural, empresas de actividades relacionadas co turismo, etcétera.
Neste novo periodo a Consellería de Medio Rural non permitirá auxiliar mais proxectos destinados á creación de novas prazas de aloxamento turístico, collendo maior protagonismo aquelas iniciativas que teñan por obxectivo complementar a oferta turística, como poden ser actividades, creación de rotas, etc, e aquelas que teñan como fin mellorar a calidade dos servizos prestados.
Esta reunión está aberta a todas as entidades e persoas interesadas no desenvolvemento do territorio. Todas aquelas persoas que queran recibir información ao respecto poden poñerse en contacto coa Asociación Euroeume a través do teléfono 981 440668, ou ben a través do correo electrónico info@euroeume.org.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios