Xornada AmiguSoft-Libre

75

Hoxe entre as 16.00 e as 20.00 horas teremos outra xornada adicada ao Software Libre, neste caso orientada a empresas que contará cunha serie de tres relatorios e un coloquio.
Comezaremos cunha Presentación do Software Libre a cargo de José Manuel Campello (usease, eu 😉 ), para continuar por Solucións Libres de Xestión para PEMEs a cargo de Carlos Roca. Despois dunha pequena pausa, continuarei eu facendo un percorrido polos servizos de rede que nos pode ofertar GNU/Linux e que poden ser de uso básico para unha empresa.
Para rematar faremos un coloquio entre os presentes sobre o Software Libre, a súa situación actual, ámbitos de implantación (fogares, empresas, educación…), e o que vaia surxindo a partires de aquí.
softlibre.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios