O segundo Stonehenge aparece en Alemania

57

Pömmelte/Magdeburgo, Alemania. Un equipo de arqueólogos descubriu no Este de Alemania unha construción prehistórica que data do ano 3.000 a.C. e é moi similar ao coñecido Stonehenge de Inglaterra, pois ambos eran centros de culto astronómico e ritual.
pommelt_6.jpg


Segundo o director do proxecto, François Bertemes, da Universidade Martin Luther de Halle/Wittemberg, o achádego na rexión de Pömmelte, no estado de Sajonia-Anhalt, “deixa claro que este tipo de construcións tamén se daba na parte central de Europa”.
O monumento de forma circular ten cerca de 4.250 anos e foi utilizado durante máis de dous séculos como lugar de sacrificio e culto aos mortos. Moi probablemente, segundo os expertos, tamén tiña fins astronómicos.
É moi posíbel que os levantamentos de Stonehenge e Pömmelte se basearan nos mesmos principios ainda que existe unha diferencia clave entre ambos: a construción de Pömmelte non estaba feita de pedra senón de madeira, por iso sobre a superficie non quedou ningún resto.
Solo se mantiveron diques, tumbas e empalizadas dispostas en círculo con un centro común.
Os arqueólogos consideran que este levantamento ten unha importancia similar á do disco celeste descuberto en 1999 en Nebra, no mesmo estado de Sajonia-Anhalt, que é a representación máis antiga que se coñece da bóveda celeste e dos fenómenos astronómicos.
Ese monumento prehistórico representa o sol, a lúa e as estrelas nunha placa de bronce e ten 3.600 anos de antigüidade.
pommelt_3.jpg
pommelt_4.jpg
pommelt_5.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios