Valentín Formoso, alcalde de As Pontes, novo Delegado Nacional de Industria da CENG

48

[PSdeG-PSOE] A Comisión Executiva Nacional Galega designou ao alcalde de As Pontes, Valentín Formoso, como Delegado Nacional de Industria. A decisión tomouse o pasado luns na primeira reunión que celebrou o órgano de dirección dos socialistas galegos despois que inaugurou o curso político.


Desde este momento Valentín Formoso será o voceiro socialista no relativo a industria, un sector no que é especialista. Formoso é alcalde da localidade onde está situado o maior complexo eléctrico de España, e o segundo de Europa. De feito, As Pontes é un dos centros máis dinámicos de actividade industrial do norte de España. A relación do concello co Ministerio de Industria foi constante e fluída nos últimos anos, xa que é o propio Ministerio quen regula a meirande parte das actividades económicas que se desenvolven en As Pontes.
Valentín Formoso ocupa o cargo de alcalde de As Pontes desde maio de 2007.
Os Estatutos nacionais do PSdeG-PSOE recollen que a Comisión Executiva Nacional Galega poderá designar Delegados Nacionais que actuarán en nome da mesma naquelas funicións que se lle encomenden. Os Delegados Nacionais poderán ser chamados pola Executiva para informar nas súas reunións sobre os asuntos das súas competencias.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios