Nota de Prensa BNG: CONTINÚA A DEGRADACIÓN DO RÍO CHAMOSELO

26

Novas e recentes medidas sitúan o pH no seu valor mais baixo: 3’05.
O resto de indicadores tamén ofrecen resultados alarmantes.
O BNG das Pontes ven de recibir os informes doutra nova análise do río Chamoselo, realizada o 8 de setembro, feita por un laboratorio con experiencia, e os seus resultados poñen de manifesto, unha vez mais, a pasividade e despreocupación da Consellaría de Medio Ambiente, a actuación irresponsábel e impune da COTOPT, e a complicidade sen calificativos do Concello.
Cando no inicio da crise se rexistraban valores de pH de 4’12 (informe do Concello en maio de 2007), que descendían ao 3’80 en agosto deste ano, era difícil de imaxinar que a baixada continuara durante tantos meses; pois ben, xa non é necesario imaxinar, a realidade sitúanos no 3’05, valor que nunca se deu nun río como o Chamoselo, que, segundo os dados históricos, ten un valor medio superior ao 6.
Pero a catástrofe revélase mais importante cando se observan outros parámetros. A condutividade da auga do Chamoselo que ten valores normais de 143, con máximos históricos de 222 –similares aos de maio de 2007-, agora multiplícanse por tres, chegando aos 655. Os sólidos en suspensión presentan valores de 12’9, cando deberían de ser sobre os 0’7.
En resumo, nas Pontes temos un río menos, o Chamoselo é unha mestura de sustancias, unhas que se poden ver e outras que non.
O tratamento da Consellaría de Medio Ambiente está realizando no Encoro do Eume só atende aos síntomas, á febre, sen preocuparse das causas, da infeción, que está situada no río Chamoselo; e así, o enfermo pode que alivie, pero non cura, empeora, entra na fase terminal, e morre.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios