Unha das mellores mostras fotográficas sobre a Guerra Civil chega ás Pontes

48

[Diario de Ferrol] A exposición “Hermanos Mayo na Guerra Civil”, unha colección de noventa instantáneas realizadas durante o conflito bélico por un grupo de fotográfos republicanos, chega o sábado á sala de exposicións do Mercado Vello das Pontes. É a segunda parada en Galicia que fai a mostra, xa que polo momento tan só estivo aberta ao público na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña.


A exposición, unha das máis importantes do país sobre a Guerra Civil, chega da man da Deputación da Coruña e a Fundación Caixa Galicia. Trátase dunha colección pertencente ao arquivo da Biblioteca Nacional na que se recolle a visión de cinco fotógrafos comprometidos coa causa republicana que, baixo o nome de Hermanos Mayo, adicáronse a captar imaxes do horror da Guerra Civil española. En total son noventa instantáneas en branco e negro que amosan momentos dos soldados na 43 División, dos presos no cárcere de Carabanchel ou o día a día de moitos civís anónimos.
Inauguración
A mostra abrírase ao público o sábado, día 27, ás 12.30 horas. Ao acto está previsto que asista a presidenta da Comisión de Cultura da Deputación da Coruña, Caridad Cerviño, e a concelleira de Cultura do Concello das Pontes, Montserrat García. Esta recalcou a importancia de achegar estes testemuños á cidadanía para que “coñezan outro punto de vista do que foi un acontecemento tan triste á vez que significativo”.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios