Servizos Sociais abre o prazo de solicitude das axudas municipais para material escolar e libros de texto

101

O Concello de As Pontes, a través do Departamento de Servizos Sociais, acaba de poñer en marcha, un ano máis, o programa municipal de axudas para material escolar e libros de texto, no que é unha nova aposta do goberno municipal polo apoio ás familias pontesas con menos recursos, principais beneficiarios deste programa. Como principal novidade, con respecto a convocatorias anteriores, este ano incrementouse a partida orzamentaria destas axudas nun cincuenta por cento o que, segundo aclarou o edil de Servizos Sociais, José Alén, foi froito dun gran traballo por parte do cabildo pontés.


Neste senso, o concelleiro subliñou que este curso se poderían outorgar paquetes de axudas de ata 150 euros cos que será posible adquirir tanto material escolar coma os libros de texto dos cursos non incluídos no programa de autonómico de gratuidade. Así as cousas, o abano de cursos beneficiados por esta medida vai dende a educación infantil ata o bacharelato, pasando por educación especial ou os cursos formativos tanto de grao medio coma superior. Por este motivo, segundo sinalou o edil, xa se fixo chegar a información desta convocatoria a tódolos centros educativos do concello, incluída a escola infantil de A Barosa.
Para optar a estas subvencións é preciso estar matriculado para cursar estudos infantís, primarios, secundarios, ademáis de bacharelato, educación especial ou ciclos formativos medios ou superiores; estar empadroado no Concello de As Pontes e que os ingresos anuais da unidade familiar non excedan dos 308 euros mensuais de renta per cápita.
Asemade, tamén será necesario cubrir unha solicitude, que se pode recoller no departamento de Servizos Sociais da Casa Dopeso, onde se pode consultar toda a documentación precisa ou ben telefonando ao 981 44 10 08.
Todo este expediente deberá ser presentado denantes do 16 de outubro nas oficinas do Rexistro Municipal, ubicada na pranta baixa da Casa Consistorial.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios