Victoria do Esteo por 3 a 2

115

En partido correspondente á terceira xornada disputado hoxe O Esteo gañou por 3 goles a 2 ó conxunto do Bueu. Comezaron adiantandose os visitantes máis o cadro local deu a volta ó marcador con tantos de Gerardo e Fran. A pouco de comezar a segunda metade empataron os visitantes pero a tres minutos do final, Rubi daba a vitoria ó Esteo. Destacar que é a terceira vitoria na Liga dos ponteses que comezaron gañando na primeira xornada ó Portonovo por 5 a 2 e a semana pasada gañaron en Fene ó Aguinsu por 2 a 3, o que os coloca en posicións altas na táboa clasificatoria
Formaron os locais co quinteto titular formado por Ito, Jaime, Sergio, Chavo e Rubi. Logo entraron Anxo, David, Fran, Gerardo e Pellón.
esteo1.jpg
Nova enviada por Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios