LIGA AUTONÓMICA FEMENINA : CD BOIRO – CD AS PONTES (1-0)

271

O As Pontes mereceu mellor resultado na súa visita a Boiro, onde perdeu pola mínima (1-0). Campo municipal de Vista Alegre da localidade boirense.
O resultado final non dí o que aconteceu no encontro entre o Boiro e o As Pontes, xa que por xogo e ocasións de gol as de Javier Salido mereceron, cando menos, traerse un punto na súa visita a Boiro; pois despois do gol local as pontesas achucharon a portería boirense, pero os seus ataques non tiveron resultado positivo no marcador. Na vindeira xornada o As Pontes recibe no Poboado ó Tordoia
cd_aspontes.jpg


CD Boiro: Patricia, Caty, Marina, Ana, Víctoria, Ángela, Carol, Fátima, Isabel, Ana O., (Ramona, 75) e Rebeca.
CD As Pontes: Leti, Laura, Yaiza (Arancha, 85), Jani, Silvia, Alba, Lara, Mar (Patricia, 31), Diana (Carla Da Silva, 60), Patri e Carlota.
Árbitro: Mariño Santa María. Amoestou a Ana e Ángela, do Boiro e Silvia e Alba , do As Pontes
GOL: Minuto 35 (1-0), Carol despois dun saque de esquina.
cd_boiro.jpg
Cortesía Emma e Antón

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios