Remontada do As Pontes que lle deu a súa primeira victoria

96

[Diario de Ferrol] O As Pontes conseguíu a primeira victoria da tempada nunha épica remontada no tramo final do encontro que o enfrontou ó Noia. As cousas non se podían poñer peor para os ponteses ó encaixar un gol ó pouco de comezar.
CD-As-Pontes-Noia.jpg


Os nervios volveron acarrear precipitación na xove escadra azul, que recurría sempre ó balón longo, na procura de buscar o camiño máis curto. Así, os visitantes non tiveron maior problema para xestionar o marcador a favor, e viviron uns prácidos 45 minutos, nos que deron mostras de conformismo perante a inocencia dun equipo local que semellaba non ter poder de reacción. Os noieses estiveron máis preocupados de non perder a súa avantaxe que ambiciosos para buscar pechar o encontro.
Houbo que agardar á segunda parte para que, a falla de xogo, cando menos tivésemos emoción.
Primeiro foron os visitantes os que puideron sentenciar nunha nídia ocasión de Lloid que, só diante de Ángel, tirou ó boneco. A partir de aquí os de Mieres cada vez foron facéndose máis coa balón, e conseguintemente tomaron a iniciativa, pero seguían sen inquedar. Pola contra, o Noia, agora con máis espazos, insistía nas súas acometidas. Imprimindo unha velocidade maior ás súas accións, semellaba que en calquera intre podía chegar o segundo.
Nos últimos 25 minutos a entrada de Victor foi o revulsivo que precisaban os da casa, e ó empezar a baixar máis o balón, trocou tamén o panorama. Ademáis, o xove mediocampista local, volveu demostrar que ten un grande disparo, chegamos ó tanto da igualada cun tiro pola escadra do propio Victor ós 69 minutos. Rebolo acadou o gol do 2-1 definitivo nun centro dende a esquerda de Esmorís que foi buscar coa testa abaixo, e enviou ó fondo das mallas do Noia.
Outra vez se víu que este equipo con confianza pode dar moito máis de sí, e en só dez minutos ata o final, creou máis perigo que nos precedentes. O terceiro non chegou porque Pablo se entretivo demasiado cando quedou só diante do meta noiés, e seguidamente foi Rebolo o que disparou mal nun remate que semellaba cómodo dentro da área.
AS PONTES 2 – NOIA 1
As Pontes: Ángel, Rivas, Alberto (Jorge min. 83), Chote, Seco, Alonso (Rebolo, min. 67), Pablo, Esmorís, Aguado, Troncho y Ferreiro (Víctor min. 62).
Noia: Óscar, David Fajardo, Pablo, David Arceo, Dani, Yon (Víctor, min. 85), Alberto (Albertito, min. 85), Austin, Yanki, Tallo (Beni, min. 67) y Lloid.
Árbitro: Montesinos Leal. Amososu cartóns amarelos a Rivas, Seco e Ferreiro no As Pontes, e a Lloid no Noia.
Goles: 0-1 min. 6: Yanki; 1-1 min. 69: Víctor ; 2- 1 min. 81:Rebolo.
Campo: O Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios