O Concello aportará 50.000 euros para facer obras no CEIP A Magdalena

39

[Diario de Ferrol] O Consistorio pontés asumirá o custo da reparación do teito do pavillón polideportivo do colexio da Magdalena, no que se gastarán 50.000 euros, cantidade coa que se procederá tamén á construcción duns aseos para os nenos máis pequenos xunto o comedor, e o acondicionamento da explanada de acceso ao centro.


Nos últimos días técnicos municipais realizaron unha valoración dos danos ocasionados no teito do polideportivo da escola, pero finalmente decidiuse incluir outras obras con cargo á mencionada partida municipal.
O equipo de goberno pontés pretende poñer deste xeito fin a unha problemática que se remonta a hai dous anos e que deu lugar a situacións como as diferentes sancións federativas ás que tivo que facer fronte o equipo de hockey pontés -usuarios do pavillón-, por non dispor das instalacións axeitadas para a disputa de encontros oficiais. Os alumnos do CEIP A Magdalena teñen que trasladarse ao polideportivo do veciño colexio de Monte Caxado para practicar actividades deportivas e Educación Física.
A intervención súmase á que executa a Xunta no colexio da Magdalena, rehabilitando cubertas, colocando falsos teitos e renovando o sistema eléctrico.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios