O Fendetestas cae nas súas primeiras citas de pretemporada

30

[Diario de Ferrol] Pouco puido facer o Fendetestas no triangular que xogou esta fin de semana. Os ponteses caeron diante de dous equipos de liga estatal que demostraron estar moito máis rodados.


O Muralla de Lugo, e o Mareantes de Pontevedra inician xa a liga en quince días, mentres para os locais este era o seu primeiro partido de pretemporada, logo de tan só tres xornadas de adestramentos. Diante do Muralla, os verdes non foron quen de aguantar o forte ritmo imposto por estes, e caeron por 10- 0, mellorando en defensa segundo avanzou o encontro, pero estiveron nulos en ataque.
Diante do Mareantes empezaron ben os de As Pontes, e mesmo adiantaronse cun ensaio, pero na segunda parte deulle a volta ó partido o visitante, que chegou máis enteiro, e decidiu con tres ensaios para vencer por 17- 5. No partido entre pontevedreses e lucenses, venceron os primeiros por 7-5. No descargo dos primeiros cabe sinalar tamén que para este torneo aínda non puideron debutar as fichaxes deste ano. Tan só Marcos tivo a alternativa, mentres as outras catro caras novas deberán agardar. Este torneo serviu tamén para dar a enésima homenaxe a José Ramón Corral, que a tempada pasada exercera de preparador físico do equipo de Pontevedra. O pai do deportista realizou o saque de honra do partido entre Mareantes e Fendetestas, e entregouse unha placa á súa familia.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios